Sereas afónicas
Luisa Abad
Cando coñeces á autora e sabes do percorrido dos poemas, é moi emocionnte telos entre as mans nunha coidada e fermosa edición.
Escoito a sua propia voz, a cadencia e o acento, as pausas. É unha experiencia chea de sensibilidade, de vida.
Escolma dos meus favoritos
Cos pés llixeiros dunha felina.
Quén lle regalou tal entusiasmo?
(Último verso. Fala da partida do mundo coñecido e seguro).
A vellez abriuse paso
só a voz e a curiosidade
(De novo, o final do poema).
Ía redimir tódalas nosas antepasadas
co acedo resaibo da vida nos beizos
Deixara de ser neta cando morreu a avoa
semellábamos nenas xogando ás cociniñas
Xa na recta final cos silencios marinos e as atronadoras sirenas. Cheo de sentires profundos, de tránsito pola vida. Aromas das nais e avoas.
Poemario dividido en cinco apartados: A foto en sepia, Cada pedra fai camiño, Facendo niño, Recoñecerse noutras voces e Con voz propia, percorre a traxectoria dunha muller, de calquera muller contemporánea.
Editorial Elvira, Vigo 2025. Número de páxinas: 97. Máis info na web daeditorial.
Historia dunha nube
Texto: Eleonora Garriga
Tapas duras. De forma sinxela trae posibilidades de estar, de ser, de vivir e disfrutar.
Non prefire formar parte da treboda, ruxir e ser forte? Ou aparentar mil formas, ser musa da imaxinación e admirada por ollos distantes? Estaría mellor dentro do grupo, sempre xuntos? Ser lixeira e pasaxeira, espontánea? Subir ata o máis alto? Xogar coas folerpas entre risas dos cativos? Debuxar ringleiras infinitas tras os aeroplanos? Lecer entre cálidos tonos cando o sol vai deitarse?
Ser diferente, ser única e voar libre.
Hai algo malo en non querer ser coma o resto? Existe unha forma mellor ca outra? Unha pequena nube voa en busca de respostas,aínda que quizais non todas estean no ceo.
Editorial Triqueta Verde, Vigo 2025. Número de páxinas: 40. Infantil: de 3 a 4 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario